PANTÍN

Y ALGO MÁS…

Incendio en Marnela

Publicado por goiriz en 22/07/2008

Onte a noite, non sei a hora, escomenzou a arder o monte entre Marnela de Riba e o Confurco i hoxe pola mañá ainda estaban a traballar nas labouras de extinción do lume. Poño unhas fotos do “eucaliptal” tiradas dende o coche e outras do hidroavión botando auga sobre o monte.

5 comentarios para “Incendio en Marnela”

  1. Fátima escribió

    Vaia, xa comezamos a queimarnos. Agardo a que tan só fora un incendio puntual porque se comezamos coa tónica dos incendios con este vento que fai estos días… de nada que arda queimase un mundo. :(

  2. goiriz escribió

    Todos os veráns a mesma cantinela…

  3. Alberto escribió

    Pois este é un incendio especialmente perigoso, nunha zona onde a meirande parte dos terreos son propiedade dunha empresa denominada “ANGEL VEIGA LOPEZ S.L.”(ver edictos no Concello de Valdoviño), con sede social na Canteira da Lagoa e que non pode ter relación con Angel Veiga Lopez (o antiguo administrador da canteira) xa que tén un expediente de embargo por débedas á Seguridade Social (Ver BOP 140), ainda que tamén arderon os terreos da xente que non os quixo vender, para evitar que a canteira avance hacia as nosas casas.

  4. goiriz escribió

    Non poido engadir nada o teu comentario porque é un tema descoñecido para min.

  5. LBF escribió

    A Alberto: efectivamente, dous máis dous suman, casi sempre, catro. E as matemáticas aínda son máis exactas cando andan cartos por detrás.

Escribe un comentario

XHTML: Puedes usar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>