PANTÍN

Y ALGO MÁS…

Procesión en honor a San Martiño

28/08/2009 Publicado por goiriz | CAPELA DE SAN MARTIÑO, FIESTAS EN PANTÍN, FIESTAS PATRONALES 2009, PANTÍN, fotografías, valdoviño | , , , , , , , , , , | Aún no hay comentarios

Capela de San Martiño de Marnela

Como ven sendo habitual nos últimos tempos (non dou feito con tantos “autocompromisos”), esta vez non cheguei a tempo para tirar unhas fotos da solemne procesión tras a misa en honor do Patrón de Marnela, Santo que ten moitos devotos na nosa parroquia, sobor de todo en Marnela. San Martiño, patrón dos taberneiros, dos borracho… (un dos seus milagres din que era o de convertir a auga en viño), dos soldados (sobor de todo dos que iban a cabalo), dos sastres, dos mendigos… Din que é moi milagreiro para curar os cólicos infantís i a disentería. Na Parroquia de Marnela a súa imaxe está representada como bispo coa mitra e o báculo… En outros lugares a súa figura imita a dun lexionario romano tanto montando a cabalo coma a pé. As veces tamén aparece cunha oca a seu carón, hai quen dí que a imaxe da oca era unha pervivencia dos ritos pagáns, xa que a oca era o atributo habitual do deus Marte. Ben, menos rollo e aí vos deixo unhas fotos do interior da capela e das imaxes relixosas esistentes na mesma, do retablo policromado i da pila da auga bendita.

31/08/2008 Publicado por goiriz | CAPELA DE SAN MARTIÑO, PANTÍN | , , , , , | Aún no hay comentarios