Unhas fotos na Serra da Capelada

Aproveitando que os «romeiros» inda non chegaran o punto de encontro con nós, fixen unhas fotos os cabalos e vacas mostrencas que pacían ou descansaban entre os penedos e toxos da Capelada nunha fermosa armonía.

Curiosidade sobre os cabalos galegos… Xa Plinio escribía, que Galicia i Asturias «producían» cabalos que non andaban coma os demáis, senón máis lixeiramente i blandamente, o que hoxe chamamos paso de andadura. Non se ten que entender que a arte do famoso paso fose invención dos nosos ancestros, senón efecto da natureza, que os facía «andadores» e de aí naceu o de ensinar a outros a arte do paso de andadura por seren moi suave i ventaxosa para o xinete.

Nesta foto podese ver ao lonxe a ría de Cedeira e tamén se se ten «ollo fino» o lugar de Frádigas en Pantín