Aproveitando que os «romeiros» inda non chegaran o punto de encontro con nós, fixen unhas fotos os cabalos e vacas mostrencas que pacían ou descansaban entre os penedos e toxos da Capelada nunha fermosa armonía.
Curiosidade sobre os cabalos galegos… Xa Plinio escribía, que Galicia i Asturias «producían» cabalos que non andaban coma os demáis, senón máis lixeiramente i blandamente, o que hoxe chamamos paso de andadura. Non se ten que entender que a arte do famoso paso fose invención dos nosos ancestros, senón efecto da natureza, que os facía «andadores» e de aí naceu o de ensinar a outros a arte do paso de andadura por seren moi suave i ventaxosa para o xinete.
Nesta foto podese ver ao lonxe a ría de Cedeira e tamén se se ten «ollo fino» o lugar de Frádigas en Pantín
¡ Menuda variedad! ¡ De todos los colores jejeje! No como en esta ciudad-fortaleza que es el CUVI, que son todos iguales, menudo aburrimiento .-( jeje Saludos!!!
Me gustaMe gusta
Interesante esa curiosidade sobre os cabalos galegos.
Moi bonitas as fotos!
E non me canso de repetir o moito que me gusta a Capelada XD
Me gustaMe gusta
A Capelada siempre depara sorpresas… é iso que eu non poido camiñar o que me gustaría senon podería botar a xornada enteira dando voltas por alí
Me gustaMe gusta
Si señor tes razón no da andadura. O que vai atento poderá ver como moitos dos cabalos da Capelada fan ese paso natural de seu. Teño oído contar que os meus avós e bisavós tiñan algunha besta que era capaz de baixar un recipiente con leite a Cariño sen derramar nada, gracias á suavidade deste paso, ademáis de rápido. Pero algún (moitos) sigue insistindo en traer cabalos de fora para enseñalos a marchar, pero como os de aquí…
Me gustaMe gusta
Non sei si non será que temos algún complexo, si é iso, xa vai sendo hora de escomenzar a ser nós mesmos… Totalmente de acordo contigo. Gustoume moito o que contas de teus avós e bisavós. Graciñas.
Me gustaMe gusta
tfrds6rkjijh
Me gustaMe gusta
oes N, seique te aburres na xunta
Me gustaMe gusta