O noso presidente ao seu

E o seu, de momento, é unicamente “desmontar” todo o feito ata o de agora polos anteriores gobernos. O seu afán lévalle ata a anular o decreto sobre o galego do goberno presidido por Manuel Fraga e do que, mira ti que cousas, él era membro. Ese decreto sobre a lingua galega estaba aceptado por todos. Por qué se empeñan algúns en complicar as cousas. O galego é, de momento, se non me lembro mal, lingua oficial de Galicia xunto co castelán e, polo tanto, debe de ser tratado, cando menos, en igualdade co castelán. ¡Joer! Presidente, parece que quere vostede rematar a tarefa de don Gaspar de Guzmán. Se o galego ten que desaparecer deixe que sexa o tempo quen se encargue diso, como se encargou do latín e encargarase do propio castelán. Non enrede, home.

Anuncios