NOTA DE PRENSA URXENTE DA PLATAFORMA S.O.S. SANIDADE PÚBLICA

Núñez Feijoo, presidente da Xunta de Galicia non espera ao 23 de maio para avanzar na privatización da sanidade pública galega, a pesares das súas mensaxes de non privatizala.
O SERGAS a través dun prego de cláusulas ao que tivo acceso a Plataforma da Defensa da Sanidade Pública, abre a porta á contratación privada da xestión económica e á xestión dos procesos de oposicións do seu persoal.
A cambio de 557.000 euros (case 100 millóns de pesetas) , nun momento de crise, adxudica a unha empresa privada este contrato, que contempla unha actividade que pon en perigo os postos de traballo de moitos empregados públicos e entrega á mesma unha información estratéxica acerca dos seus obxectivos, dotacións económicas, dispoñibilidades orzamentarias e políticas de racionalización do gasto.
Finalmente entrega unha información tan vulnerable e unha competencia tan central para os seus obxectivos como é a xestión dos procesos de oposicións (inscrición, oposición e provisión das prazas), en definitiva toda a selección do persoal.
Para esta Plataforma este novo e suculento contrato supón na práctica a “baltarización” da política de contratación do persoal da Sanidade Pública Galega.
O prego ao que tivo acceso SOS Sanidade Pública contempla a entrega a unha empresa privada as seguintes competencias da administración pública:
1.- Xestión económica:
Sistema de tramitación orzamentaria.·
Xestión de pagos en unidades administrativa (servizos centrais, direccións e delegacións provinciais).·
Xestión de Subministracións e Unidades de Consumo·
2.- Recursos humanos:
Aplicación para a xestión dos procesos de oposicións (inscrición, oposición e provisión)·
A pesares da habitual dificultade para entender a linguaxe administrativa, o que antecede está moi claro: Trátase de liquidar unha importantísima parte da administración pública e facilitar a
penetración do sector empresarial privado nunha das áreas máis sensibles da xestión administrativa do sistema sanitario público. Os cidadáns entenderán perfectamente que iso supón amputar a capacidade operativa do sistema e a súa sustentabilidade económica futura.
Ademais disto, en tempos de crise e de austeridade, incrementa en máis de medio millón de euros, nun novo exercicio de desconfianza nos seus propios empregados públicos, un gasto sen xustificación obxectiva algunha.
A carga de traballo que se subtrae ao público e que se transfire á empresa privada é o primeiro paso para poder despedir, sen provocar unha catástrofe administrativa, a un gran número de persoal altamente cualificado, seguindo as estratexias do Primeiro Ministro do Reino Unido que tanto admira o Sr Rajoy.
No que se refire á selección do persoal supón unha gravísima entrega de información confidencial dos miles de aspirantes ao emprego público do SERGAS de todas as Categorías, e a vulneración dos criterios de igualdade, mérito e capacidade que a Constitución e as Leis Galegas protexen.
ENLACE A S.O.S. SANIDADE PÚBLICA
19 de maio de 2011

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s