Aguantéi todo ata que me chamou impenitente

Estaba eu lendo o artigo de Siro na Voz de Ferrol titulado “Dos enterros” cando vexo que o recoñecido artista ferrolán mencióname como autor dunha historia, que colguei na cousa esta xa fai algún tempo, e que me fora transmitida pola miña nai.

A cousa de ver o meu nome no xornal de maior audiencia de Galicia, nun principio, non me disgustou. Xa se sabe que si non saes no periódico non esistes. Ou sí. Pero non de todo. Vamos que estaba eu agradecido da mención e máis todavía de que dixera que o meu relato era fermoso.
Pero, sempre hai un pero tocando a flauta*, relendo a cousa vexo que o autor chámame “navegante impenitente”. O de navegante, pase, pero ¡Impenitente! ¿Eu? ¡Por Dios! Ata aí podiamos chegar, co ben que iba o home alabando as miñas virtudes vai estropealo por un adxetivo. Porque, miñas donas, eu, contrariamente o dito por Siro, non son absolutamente nada obstinado. Cecais un pouco pecador, pero quén non o é neste xardín de fermosas damas.
Dito o dito quero darlle as grazas a Siro polas súas amables verbas e por manter vivos os nosos recordos. Grazas
*O que queira que cambie o de “flauta” polo que máis lle guste.

Captura do artigo en cuestión:

 

Anuncios

2 pensamientos en “Aguantéi todo ata que me chamou impenitente

  1. Amigo Fermín, perdoa o de “impenitente”. Ninguén me dixo que o sexas, deduciuno eu porque me pareceu que hai que selo para entrar, destemido, nos mares procelosos de Internet, nos que eu sempre me perdo. Os calificativos -como ben sabes- poden ter significdos contrarios, dependendo do ton co que se digan, e eu chameicho con simpatía,como llo diría a Colón, a Magallanes e tantos outros nautas admirabeis, En calquera caso, o que importaba era citar o conto que oíras á túa nai, e que me gustara moito.
    Apertas.

    • Admirado Siro, xa sabía eu que o de “impenitente” non ía en ese sentido pero aproveitéi o asunto para darlle un toque “humorístico” á cousa, o qué xa non séi e si o logréi, o de facer “humor” é moi serio e complicado de dios… Pero o importante do comentario era o meu agradecemento pola súa xentileza hacia este impenitente “mareante”, agradecemento que reitero.
      Unha aperta
      P.S.
      Grazas a súa cita agora xa estou nas hemerotecas sen necesidade de pegarlle un tiro a algún o que me tranquiliza enormemente*
      *Humor ou algo semellante

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s