Apropiome da foto de José Manuel Pita e do texto que «colgou» no Facebook o amigo Fernando C. C. para ver si dando publicidade a ista «desaparición» logramos que «volte» onde nunca debeu «sair»
Este cruceiro encontrabase no lugar de A Veliña en San Xurxo de Moeche. Fai unhos meses algún espabilado roubouno e seguro que o puxo de adorno na sua finca.
O cruceiro data do 1806, ten por tanto máis de douscentos anos. Agradeceriavos o compartirades por si alguén o veu adornando unha finca e en ese caso o puxerades en coñecimento da Garda Civil, Concello de Moeche ou a este que vo lo presenta.
o cruceiro e un exemplar único, non hai outro coma el e identificano as inscripcions que presenta.