Colapso nas urxencias do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol

Por Fermín Goiriz Díaz (Transeúnte)

Encántame o aforro que están a facer os noxos nosos (perdón polo erro) elexidos dirixentes do país, sobre todo na sanidade, grazas a tanto aforro os fillos dun amigo meu van herdar a hipoteca do seu pai moito antes do que pensaban. Na sá das mulleres se atopa unha avoa que xa pasa dabondo dos oitenta e que grazas a súa pensión duns 360 euros, máis ou menos, evita que os seus fillos e netos fagan unha visita diaria a cociña economica. E ahí está ela, pode que dando o seu defenitivo alento a un sistema sostible da sanidade pública,  emborcada nunha camilla na mesma sala de urxencias do Complexo (e tanto) Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos, onde non é a única. Todos, e son moitos,  levan den onte o mediodía, ou mais tempo, sendo atendidos polos médicos/as, enfermeiros/as e os seus ansiosos e indignados familiares nas súas corespondentes sás debidamente diferenciadas por xeneros ata que haxa unha habitación en planta mais axeitada as necesidades do persoal sanitario, doentes e familiares… que non saben se agarrar polo peito o primeiro que pase preto deles con pinta de degenerado (lider) ou aceptar sumisamente como algo inevitabel o asunto… vai ser isto último o que farán, e casi estou por apostar que así será… ¡Mexan por nós e temos que dicir que chove!

¡Benditos i benditas sexades señores i señoras lideres i lideras! ¡Arderedes no inferno! Claro que isto ultimo… como que vos importa un carallo, vades a confesar e todo arranxado.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s