Concentración contra o recheo da Malata

Por Fermín Goiriz Díaz (Transeúnte)
  Baixo unha choiva que me obrigou a presentar unha queixa formal ante o meu amigo Bedoya por non ter chamado o Pemán para lle pedir consello sobre que día sería o mais axeitado para a concentración ante a Autoridade Portuaria, participei nunha protesta contra o que consideran os convocantes (eu tamén), un novo paso para acabar definitivamente cun patrimonio natural único. Estoume a referir o proxetado acceso por ferrocarril o “Porto Exterior”, descartando calquera outra alternativa viable e non mais gravosa para as arcas do Estado.
Casualmente, mentras asistía a concentración oín un comentario duns paseantes dicindo que os concentrados  “son os que non queren o tren”. Si cadra que lean isto, dígolles que ninguén dos presentes na concentración está en contra de que o ferrocarril chegue o Porto Exterior, moi o contrario, só pedimos que se estudien as alternativas presentadas por distintas asociacións e non fagan un novo atentado ecolóxico na xa mais que castigada ría de Ferrol. Alternativas hainas, vontade política para levalas adiante xa non séi.
Enlace o blogue do colectivo convocante da concentración:
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s