Galicia Confidencial :: Os negocios con narcos e políticos do “compañeiro de traballo” de Feijóo

Manuel Cruz non pode contar como introduciu ao presidente da Xunta no círculo de amigos do narcotraficante Marcial Dorado porque morreu nun “extraño” accidente. Antes, este chófer da Xunta compartira empresas con presuntos testaferros doutros narcos, como Pablo Vioque, e políticos do PP, como Evaristo Juncal e Juan Juncal.

———————————————————————-

Por Walter Burns | Santiago | 01/04/2013

O amigo común de Alberto Nuñez Feijóo e o narcotraficante Marcial Dorado Baulde estivo relacionado con investigacións xudiciais por blanqueo e tráfico de drogas até a súa morte nun accidente de tráfico en extrañas circunstancias.

“Todas las veces que coincidí con esta persona fue por coincidencia con un compañero de trabajo de mi juventud”. Así explicou o domingo Alberto Nuñez Feijóo as súas fotos no iate do contrabandista Dorado Baulde, hoxe en prisión por un alixo de cocaína.
O “compañero de trabajo” que puxo en contacto a Feijóo con Marcial Dorado Baulde é o falecido Manuel Cruz López, segundo desvelou El País.
Cruz López era chófer do superior de Feijóo na Consellería de Sanidade,  Romay Beccaría.  Por entón, a mediados dos 90, tamén actuaba presuntamente como testaferro da rede de narcotraficantes.
Negocios con Juncal Carreira, líder do PP en Caldas
Así, o nome do falecido aparece no rexistro mercantil como ex-administrador único de Gasóleos de Caldas, empresa antigamente coñecida como J.F. Oil.
J. F. Oil obtivo unha concesión para montar unha estación de servizo a principios dos 90. A súa administradora única era Mercedes Froján Fontán, esposa do funcionario da Xunta e ex-líder do PP de Caldas de Reis Evaristo Juncal Carreira.
En 1995 o chofer Manuel Cruz sucedeu no cargo de administrador único á muller de Juncal Carreira, posto no que seguiu até 2000. Ese ano entrou como apoderado Marcial Dorado Fariña, fillo do narco, e tamén investigado pola Audiencia Nacional por blanqueo e narcotráfico.
En 2010 El País desvelou que Evaristo Juncal Carreira vendera varias empresas a presuntos testaferros de narcotraficantes. Juncal Carreira era entón xefe da Consellería de Infraestructuras na provincia de Pontevedra, cargo do que dimitiu tras revelar a prensa estes negocios.
Un negocio polo que pasan o narco, o chofer e o ex-conselleiro
Varios familiares de Dorado Baúlde declararon en 2009 ante o xuíz Fernando Grande-Marlaska por blanqueo. Manuel Cruz non puido comparecer, pois o chófer da Xunta  faleceu nun accidente de tráfico que tanto El País como La Voz cualificaron de “extrano”.
O falecido conductor tamén aparece como socio único de Anfra Sistemas. O contrabandista Dorado Baúlde sucedeu a Manuel Cruz como administrador único desta empresa en 2002. Segundo informou El País, un dos apoderados da empresa foi Juan Juncal Rodríguez, ex-alcalde de Ferrol e ex-senador polo PP.  Ao igual que Feijóo, Juncal é un ‘fillo político’ de Romay Beccaría e comparte co presidente da Xunta amizade hai moitos anos.
Enlace o artigo:

GC :: Os negocios con narcos e políticos do “compañeiro de traballo” de Feijóo.

NOTA DE PRENSA URXENTE DA PLATAFORMA S.O.S. SANIDADE PÚBLICA

Núñez Feijoo, presidente da Xunta de Galicia non espera ao 23 de maio para avanzar na privatización da sanidade pública galega, a pesares das súas mensaxes de non privatizala.
O SERGAS a través dun prego de cláusulas ao que tivo acceso a Plataforma da Defensa da Sanidade Pública, abre a porta á contratación privada da xestión económica e á xestión dos procesos de oposicións do seu persoal.
A cambio de 557.000 euros (case 100 millóns de pesetas) , nun momento de crise, adxudica a unha empresa privada este contrato, que contempla unha actividade que pon en perigo os postos de traballo de moitos empregados públicos e entrega á mesma unha información estratéxica acerca dos seus obxectivos, dotacións económicas, dispoñibilidades orzamentarias e políticas de racionalización do gasto.
Finalmente entrega unha información tan vulnerable e unha competencia tan central para os seus obxectivos como é a xestión dos procesos de oposicións (inscrición, oposición e provisión das prazas), en definitiva toda a selección do persoal.
Para esta Plataforma este novo e suculento contrato supón na práctica a “baltarización” da política de contratación do persoal da Sanidade Pública Galega.
O prego ao que tivo acceso SOS Sanidade Pública contempla a entrega a unha empresa privada as seguintes competencias da administración pública:
1.- Xestión económica:
Sistema de tramitación orzamentaria.·
Xestión de pagos en unidades administrativa (servizos centrais, direccións e delegacións provinciais).·
Xestión de Subministracións e Unidades de Consumo·
2.- Recursos humanos:
Aplicación para a xestión dos procesos de oposicións (inscrición, oposición e provisión)·
A pesares da habitual dificultade para entender a linguaxe administrativa, o que antecede está moi claro: Trátase de liquidar unha importantísima parte da administración pública e facilitar a
penetración do sector empresarial privado nunha das áreas máis sensibles da xestión administrativa do sistema sanitario público. Os cidadáns entenderán perfectamente que iso supón amputar a capacidade operativa do sistema e a súa sustentabilidade económica futura.
Ademais disto, en tempos de crise e de austeridade, incrementa en máis de medio millón de euros, nun novo exercicio de desconfianza nos seus propios empregados públicos, un gasto sen xustificación obxectiva algunha.
A carga de traballo que se subtrae ao público e que se transfire á empresa privada é o primeiro paso para poder despedir, sen provocar unha catástrofe administrativa, a un gran número de persoal altamente cualificado, seguindo as estratexias do Primeiro Ministro do Reino Unido que tanto admira o Sr Rajoy.
No que se refire á selección do persoal supón unha gravísima entrega de información confidencial dos miles de aspirantes ao emprego público do SERGAS de todas as Categorías, e a vulneración dos criterios de igualdade, mérito e capacidade que a Constitución e as Leis Galegas protexen.
ENLACE A S.O.S. SANIDADE PÚBLICA
19 de maio de 2011

¿A qué se adica o noso Presidente?

Non sei si é polo outono ou pola vacina da gripe. Sexa polo un ou pola outra, á verdade é que estou preocupado por saber a qué se adica o noso Presidente. Neste caso, non fago referencia ao que preside o “Consejo de Ministros”, alá na Moncloa. Non. Esta vez é polo noso, polo da casa, polo que preside o Goberno do noso País, don Alberto Núñez Feijóo. Porque, supoño eu, que algo terá que ver él con eso do paro e outras “conachadas”* que están a mosquear o persoal ¿Ou, non? Si é que non, entón calo e pido cita no Centro de Saúde da parroquia para que me fagan un estudio neurolóxico, non vaia ser que teña algo tocado no sobrado… Agora ben, si o noso Presidente ten algunha competencia sobre algunha desas “conachadas” que están a afectarnos, non estaría mal que me dixera, cando menos, aquelo de “estamos traballando nelo” ¿ou todo é pola incompetencia do outro, do de León?

*Ferrolanismo que se utiliza como sinónimo de parvada.

El PP gobernará con mayoría absoluta

Galicia celebró ayer  nuevas elecciones y ha decidido que sea el candidato del PP don Alberto Núñez Feijoo quien presida el nuevo gobierno. No era mi opción pero es la que ha elegido la mayoría. Así que a felicitar al PP y desear que el señor Núñez Feijoo realice un buen trabajo. Como casi siempre dejo para los analistas la labor de explicar el por qué… de todo. Sólo una cosa, para quien quiera entender, la política es política… no una sala de técnicos en distintas materias.

elecciones-parlamento-galego-mesa-electoral-pantin-01-02-2009-f-goiriz-022

Fototografía de la mesa electoral donde votamos  los pantineses.

Serie de fotos XX Festa do Marisco do Barqueiro

Para ver las fotos del año 2009 ir a este enlace XXI Festa do Marisco de O Barqueiro

xx-festa-do-marisco-do-barqueiro-07-12-2008-f-goiriz1-174xx-festa-do-marisco-do-barqueiro-07-12-2008-f-goiriz1-162xx-festa-do-marisco-do-barqueiro-07-12-2008-f-goiriz1-169

xx-festa-do-marisco-do-barqueiro-07-12-2008-f-goiriz1-190xx-festa-do-marisco-do-barqueiro-07-12-2008-f-goiriz1-170

xx-festa-do-marisco-do-barqueiro-07-12-2008-f-goiriz1-185xx-festa-do-marisco-do-barqueiro-07-12-2008-f-goiriz1-191xx-festa-do-marisco-do-barqueiro-07-12-2008-f-goiriz1-158

Unas fotos de las “fuerzas vivas” que, por cierto, no se les vio el pelo después de los correspondientes discursos… ¿Dónde comerían los pobres? Estoy preocupado, pero mucho ¡oigan!

xx-festa-do-marisco-do-barqueiro-07-12-2008-f-goiriz1-186xx-festa-do-marisco-do-barqueiro-07-12-2008-f-goiriz1-189xx-festa-do-marisco-do-barqueiro-07-12-2008-f-goiriz1-188

Sigo con el pueblo llano…

xx-festa-do-marisco-do-barqueiro-07-12-2008-f-goiriz1-178xx-festa-do-marisco-do-barqueiro-07-12-2008-f-goiriz1-199xx-festa-do-marisco-do-barqueiro-07-12-2008-f-goiriz1-201

xx-festa-do-marisco-do-barqueiro-07-12-2008-f-goiriz1-195xx-festa-do-marisco-do-barqueiro-07-12-2008-f-goiriz1-197xx-festa-do-marisco-do-barqueiro-07-12-2008-f-goiriz1-200

xx-festa-do-marisco-do-barqueiro-07-12-2008-f-goiriz1-165xx-festa-do-marisco-do-barqueiro-07-12-2008-f-goiriz1-202xx-festa-do-marisco-do-barqueiro-07-12-2008-f-goiriz1-160

xx-festa-do-marisco-do-barqueiro-07-12-2008-f-goiriz1-198xx-festa-do-marisco-do-barqueiro-07-12-2008-f-goiriz1-159xx-festa-do-marisco-do-barqueiro-07-12-2008-f-goiriz1-192

xx-festa-do-marisco-do-barqueiro-07-12-2008-f-goiriz1-163xx-festa-do-marisco-do-barqueiro-07-12-2008-f-goiriz1-161xx-festa-do-marisco-do-barqueiro-07-12-2008-f-goiriz1-164