Más de 300 personas reclaman a Fomento que no ejecute el trazado sur del tren a Caneliñas (Diario de Ferrol)

[…]Tras corear consignas como “Tren ao porto si, pero non así” y “Demolición do muelle do carbón”, uno de los miembros del colectivo, Xandro García, leyó un manifiesto en el que se destacó la diversidad biológica de la ensenada y el negro futuro que le aguarda si se ejecuta el viaducto entre el muelle y A Graña. “Cando A Malata apodreza, todo Ferrol pedirá o recheo”, lamentó tras reclamar que, para evitarlo, “non se siga agredindo” con la construcción del viaducto […].

Para leer la crónica completa ir al siguiente enlace: Diario de Ferrol
concentración, Salvemos a Malata o tren polo norte - 09-05-2013 (2)

Dous profesores

Aproveitando que Siro pasou hoxe por acó en forma de comentario e que, ademáis, fala no seu artigo semanal  na Voz de Galicia sobre o curmán da miña compañeira que emocionárona e levárona a contarme con certa nostalxia algunas cousas que eu descoñecía. Doulle, novamente, as grazas a Siro López Lorenzo por refrescarnos a memoria nese “Ferrol, Ferrol, Ferrol onde eu nacín”

Dous Profesores

Por Siro
“Cando en Ferrol falamos dun matemático, todos pensamos en Honorato, o propietario e director da Academia Jorge Juan, que preparou a centos de mozos para o ingreso na Mariña de Guerra e na Mercante, e que aínda hoxe, con 90 anos, xoga polas noites co cálculo infinitesimal e resolve problemas de enxeñería coa fórmula do prismatoide. Pero ferrolán e gran matemático foi tamén José Ramón Caruncho Castro, fillo do señor Caruncho, o xefe da imprenta de Bazán, que se licenciou en Compostela e rematou a súa vida de docente na Universidade de Murcia.

José Ramón Caruncho foi un home especial: baixiño, timidísimo, solitario, alleo a calquera formalismo ou ambición, ata o punto de non plantexarse sequera facer oposicións a cátedras, porque lle preocupaba máis saber e saber facer que ser; pero profundo coñecedor de moitas outras materias, como a literatura clásica, a filosofía, o cine ou a ópera.”
De Santiago marchou a Madrid para dar clases na Autónoma e participar como experto na edición dos libros Anzola Caruncho, de matemáticas. Despois, no 1981, chegou á Universidade de Murcia, onde foi titular de Álxebra, e se converteu no profesor máis querido e valorado polos alumnos e compañeiros de Facultade, que o recoñecen como o mellor docente e mestre.”
Leer artículo no seguinte enlace: Ferrol, Ferrol, Ferrol onde eu nacínLa Voz de Galicia

Faleceu Bernardo García Cendán

avozdevilalba

Redacción.-

Bernardo García Cendán, crego e profesor de socioloxía da Universidade de Santiago, faleceu esta tarde logo dunha longa doenza, aos 71 anos de idade.

Nado en Vilalba en 1941, marchou moi novo ao Seminario de Mondoñedo onde cursou a carreira eclesiástica. Licenciouse en Filosofía na Universidade Católica de París e na Pontificia de Salamanca, e en Socioloxía pola Universidade de París. Foi profesor no Seminario de Mondoñedo e posteriormente párroco de Nosa Señora do Socorro de Ferrol até o ano 1987. Simultaneamente foi profesor da Escola de Relacións Industriais de Ferrol. Durante os anos que pasou na cidade departamental participou activamente na súa vida sociocultural, coa fundación de institucións como o Ateneo Ferrolán ou ASFEDRO para asistencia da drogadicción. Dirixiu a Oficina de Socioloxía da diocese de Mondoñedo. Desde 1987 exerceu como profesor de Socioloxía na Universidade de Santiago de Compostela, no Campus de Lugo.

Continuar a ler na : avozdevilalba.com