Waka Waka… porque isto é Pantín

O pasado venres houbo festa rachada no “Miramar” coa actuación estelar de Raúl Armada (toda unha vida adicada á música), que tiña como teloneiros a Andrés ( batería e saxo), Roberto (acordeón e gaita), e algún que outro espontáneo que non desmereceron en absoluto. Abilio (O Bigotes), a pesar de estar o home medio tocado polos seus problemas de saúde, disfrutou como un neno coa festa, eu creo que estaba emocionado… En fin ¡Un éxito total! Ata á prósima, se Deus quere… que malo será, digo eu.