Campionato galego de andadura* en Cedeira

Menudo tute cabalar nos diron hoxe os da Federación Hípica Galega e a Asociación Ecuestre A Crina por mor de celebrarse na Vila  unha das probas do Campionato Galego de Andadura. Menos mal que víñamos de suspender unha xuntanza cuns amigos,  porque non poderíamos ter ido canda eles o quedar case aillados polo festival equino. Salvo ista pequena incidencia sen maior importancia, un anaco de choiva e que un cabalo foi o chan mentras participaba na proba,  todo en orde. Afortunadamente o incidente saldouse sen danos aparentes nin para o equino nin para o seu cabaleiro.

*Curiosidade sobre os cabalos galegos… Xa Plinio escribía, que Galicia i Asturias “producían” cabalos que non andaban coma os demáis, senón máis lixeiramente i blandamente, o que hoxe chamamos paso de andadura. Non se ten que entender que a arte do famoso paso fose invención dos nosos ancestros, senón efecto da natureza, que os facía “andadores” e de aí naceu o de ensinar a outros a arte do paso de andadura por seren moi suave i ventaxosa para o xinete.

Fotos do ano 2009 AQUÍ)

El pase de diapositivas requiere JavaScript.