Carta o señor Conselleiro da Sanidade Galega

Ímos ver, señor Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia. Hoxe pola mañá estaba eu esperando a miña quenda para entrar á consulta do médico no PAC de Caranza
(Ferrol), agardando sen maior problema a que salise o miña clave, e vexo que unha señora dacátase de que, por mor de que o galeno que ía atendernos estaba a chamar soamente aos pacientes do seu cupo, iñorando os que tiñamos outro médico/a asiñado e que se xubilou o 11 de xaneiro deste ano. Dou por feito que o doctor estaría a facer todo o posíbel por darnos a todos a debida atencion, pero o retraso (xa sei que a «vez» é orientativa,) xa comenzaba a ser molesto e, ademáis, estaba a «torpedear» a miña planificación matinal. Cando a mesma señora de antes me dí que xa leva unha hora de espera, boto as contas do tempo que me vai tocar de agardar a min, non vai baixar das dúas horas. Así que decidín ir facer as xestións que tiña programadas e funme.
Agora quixera plantexarlle o noso conselleiro, don Julio García Comesaña, se non sabían na consellería que ía producirse a xubilación dun bo número de médicas e médicos nestas datas… a non ser que os doutores decidiran xubilarse porque lles saíu daquelo que vostede i eu sabemos, eu xa mo creo todo. Señor García Comesaña, vostede e o noso presidente don Alfonso Rueda, deberían, cando menos, pedir disculpas aos ciudadanos pola súa desidia ou incompetencia, xa non séi que pensar.
Bueno, señor Conselleiro, despídome de vostede sen acritude e co debido respeto, pero esixíndolle o debido compromiso, tan cacareado por vostedes, coa sanidade pública.

Deja un comentario