Lenda de Sta. Comba

Ontes fun ata sta. Comba, na parroquia de de San Martiño de Cobas, no Concello Ferrol. Na foto podedes ver a capela da que, no seu día, dedicou a súa vida á bruxería.
Din as lendas, que cando era bruxa era das «xuxonas», as que chupaban o sangue aos nenos, roubaba ollos para facer ungüentos, mataba vellos e botaba o mal de ollo e outras cousiñas disas de andar por casa.
Un día, seique, Comba, atopouse con Xesucristo nun camiño da nosa Galiza, e dende ese día deixóu a bruxería e pasouse o cristianismo. Tempo despois, parece ser que lle deron materile pola súa fe. Tras o martirio foi nominada (como nos Óscar) Patrona das Bruxas da Galiza… incluídas ás de Cedeira e ás de Sarandós de Arriba e ás de Abaixo.
A pesares dos seus méritos, nunca lle foi recoñecida a súa santidade polos xefes do cotarro xudeo-cristián da igrexa católica.
Aínda así, as boas xentes de Galiza a invocan sobor de todo para que os protexa dos demos… unha das súas especialidades.
Tamén din, eu penso que por envexa, que esta lenda débese á galegacización de santa Columba, unha francesa que morreu no século II e da que non se sabe gran cousa…
*Fermín Goiriz Díaz (30/07/2022)

Deja un comentario