Caronte

dsc_4326

Anuncios

Faro de Punta Candieira

Un acordo da Comisión de Faros do 15 de xaneiro de 1912 aproba “que o novo incluido no Plan de Alumeado, se sitúe en Punta Candieira” marcando a orixe da súa existencia. Proxectado en 1929, rematouse catro anos máis tarde, ainda que non se inauguraría ata principios de 1954. Discusións e reclamacións sobre a conveniencia do emprazamento elegido e algúns anos de esquencemento burocrático determinaron o retraso. Para producir o alumeado contaba cunha instalación Dalen, con cambiador automático de capuchos e quemador de 35 l, unha óptica catadióptrica de 200 mm de distancia focal que xiraba impulsada polo gas, e unha batería de acumuladores AK -25, o que, a falta da válvula solar que se puxo máis tarde, o convertía nun faro automático. Co propósito de que servise para a navegación aérea dotouse tamén dunha linterna con cúpila transparente (aeromarítima).
O edificio forma a clásica “U” cunha torre hexagonal adherida á cara que da ó mar, que ergue o foco luminoso 9 m sobre o chan e 89 sobre o mar. Na súas orixes tiña un alcance nominal de 16 millas. O 23 de febreiro de 1984 entrou en servicio unha nova instalación composta de un basamento con disco giratorio e catro paneis, con 6 lámpadas de feixe selado de 30V/200W coas súas correspondientes baterías e o seu grupo eletróxeno como reserva.
Ó pasar a depender da Autoridade Portuaria de Ferrol – San Cibrao en 1993 foi motorizado para ser controlado por ordenador dende o cento de control existente no Porto de Ferrol. No ano 2002 substituise a linterna aeromarítima pola que actualmente ten. No ano 2003 instalose un novo equipo luminoso eliminando o anterior sistema de reflectores, formado por unha óptica Fresnal e cambiador de lámpadas en “V” que dá servizo a dúas lámpadas de descarga de 700W, unha principal e outra de reserva. No ano 2004 realizose unha rehabilitación do edificio dotándoo do aspecto actual. No ano 2005, Puertos del Estado, instalou unha estación AIS (Automatic Identifications System) coa principal función de dar información a un centro de control sobre buques que navegan pola zona.

Fonte: Panel informativo da “Autoridad Portuaria de Ferrol – San Cibrao”

Unas fotos en Covas, Ferrol

Mientras miles de numerati” ,como les llama Stephen L. Baker, están atareados analizando lo que leemos, escribimos, compramos, comemos y, posiblemente, lo que no escribimos, ni compramos, ni… Yo fui a Covas (Ferrol) a dar un garbeo con mi compañera del metal (en Ferrol, todos somos del metal, incluso los del metal), a homenajear a una pareja muy querida por nosotros en torno a una buena mesa y, como siempre, aproveché la ocasión para tirar unas fotos que alimenten este pasatiempo y, de paso, entretener a los numerati”.