Cosas «Reales»

Quería poñer unha fotiño para darlle vida a isto do Facebook pero, chegou a min unha información que me ten moi desacougado. Disque, según afirma un señor moi coñecido o noso rei é un cornudo (sic). Esta noticia non só me deixa estupefacto senón que tira por terra a miña creenza de que as cornudas, dende sempre, eran as raíñas… meu mundo desplomase i eu en pixama e sen peitear.
Pero non pensedes que a cousa queda aí, nin moito menos, a cousa medra, como millo na tixola. Resulta que ao informante dixéronlle fontes, según él, moi fiables, que a raiña non é a nai biolóxica das princesas Leonor e Sofía, senón que foi a súa irmán (DEP), Erika. ¡Joder! Como está isto das monarquías… téñenme atónito, incrédulo e hasta… que va oh, que vou estar atónito, nin de coña me sorprenden estás novas da realeza, con facer un pequeno repaso da historia dos nosos reis, estos dous parecen uns santos.
© Fermín Goiriz (16/ 01/2024)

Deja un comentario