Presentación do libro de Rafael Pillado Lista » O latexo da vida e da conciencia – Memorias colectivas de Rafael Pillado – I»

Presentación do libro de Rafael Pillado Lista » O latexo da vida e da conciencia – Memorias colectivas de Rafael Pillado – I» nun Auditorio do Campus de Esteiro cheo «ate a bandeira». Onde non faltaron compañeiros, sindicalistas, políticos e xente comprometida co movimento obreiro e social.
Como non teño palabras para describir as emocións encontradas que me produciu o acto e, por eso, que me atrevo a reproducir de seguido as verbas de Manuel Rivas na contraportada do libro, que reflexan con craridade o sentir de moitos dos que viviron de preto moitos dos acontecimentos que se narran neste volumen.
«A estirpe obreira de Ferrolterra, homes e mulleres, ocupa un lugar senlleiro no que poderíamos denominar a Historia da Esperanza. Xente feita coa mellor madeira da humanidade, nos obradoiros do mar. Neste libro está o relato dende dentro desta estirpe. Rafael conta con sensibilidade viñetas da súa vida, mais o que fai é poñer a súa memoria a traballar, a atravesar a noite, para alumear unha memoria colectiva. Agradézolle a Rafael este agasallo histórico, que é tamén un agasallo de vida ben escrita. E agradézolle á estirpe obreira de Ferrolterra a inesquecíbel lección de dignidade cando decir «non» era moito dicir».

El pase de diapositivas requiere JavaScript.