Cedeira é unha festa (5-6-7 de Agosto 2011)

A cousa escomenza na praza Roxa mañá, venres,  a partires das nove da noite, ca celebración do carnaval de verán con música a esgallo dende o «Disko Bus», que ven de ser unha discoteca andante en toda regla. Xa o sábado e o domingo tedes a oportunidade de degustar unhas racións do mellor percebe do mundo no paseo marítimo (na zona da Revolta) da Vila polo módico precio de 12 euros a ración… Ós que non lles gusten os cirrípedos poden probar o polbo a feira ou, si quere outras cousas, xantar en calquera dos magníficos restaurantes da Vila e Terra de Cedeira. Opten por xan ou por pericán teño por certo que sairán contentos da esperiencia cedeiresa… Si por un casual alguén non leva bo recordo das festas lle serán reembolsados os cartos gastados presentando a pertinente reclamación no rexistro correspondente do Principat d´Andorra… e si cola cola.
Bó proveito, e a pasalo ben que é o que toca!!

 

Deja un comentario