Galicia Confidencial :: Os negocios con narcos e políticos do «compañeiro de traballo» de Feijóo

Manuel Cruz non pode contar como introduciu ao presidente da Xunta no círculo de amigos do narcotraficante Marcial Dorado porque morreu nun «extraño» accidente. Antes, este chófer da Xunta compartira empresas con presuntos testaferros doutros narcos, como Pablo Vioque, e políticos do PP, como Evaristo Juncal e Juan Juncal.

———————————————————————-

Por Walter Burns | Santiago | 01/04/2013

O amigo común de Alberto Nuñez Feijóo e o narcotraficante Marcial Dorado Baulde estivo relacionado con investigacións xudiciais por blanqueo e tráfico de drogas até a súa morte nun accidente de tráfico en extrañas circunstancias.

«Todas las veces que coincidí con esta persona fue por coincidencia con un compañero de trabajo de mi juventud». Así explicou o domingo Alberto Nuñez Feijóo as súas fotos no iate do contrabandista Dorado Baulde, hoxe en prisión por un alixo de cocaína.
O «compañero de trabajo» que puxo en contacto a Feijóo con Marcial Dorado Baulde é o falecido Manuel Cruz López, segundo desvelou El País.
Cruz López era chófer do superior de Feijóo na Consellería de Sanidade,  Romay Beccaría.  Por entón, a mediados dos 90, tamén actuaba presuntamente como testaferro da rede de narcotraficantes.
Negocios con Juncal Carreira, líder do PP en Caldas
Así, o nome do falecido aparece no rexistro mercantil como ex-administrador único de Gasóleos de Caldas, empresa antigamente coñecida como J.F. Oil.
J. F. Oil obtivo unha concesión para montar unha estación de servizo a principios dos 90. A súa administradora única era Mercedes Froján Fontán, esposa do funcionario da Xunta e ex-líder do PP de Caldas de Reis Evaristo Juncal Carreira.
En 1995 o chofer Manuel Cruz sucedeu no cargo de administrador único á muller de Juncal Carreira, posto no que seguiu até 2000. Ese ano entrou como apoderado Marcial Dorado Fariña, fillo do narco, e tamén investigado pola Audiencia Nacional por blanqueo e narcotráfico.
En 2010 El País desvelou que Evaristo Juncal Carreira vendera varias empresas a presuntos testaferros de narcotraficantes. Juncal Carreira era entón xefe da Consellería de Infraestructuras na provincia de Pontevedra, cargo do que dimitiu tras revelar a prensa estes negocios.
Un negocio polo que pasan o narco, o chofer e o ex-conselleiro
Varios familiares de Dorado Baúlde declararon en 2009 ante o xuíz Fernando Grande-Marlaska por blanqueo. Manuel Cruz non puido comparecer, pois o chófer da Xunta  faleceu nun accidente de tráfico que tanto El País como La Voz cualificaron de «extrano».
O falecido conductor tamén aparece como socio único de Anfra Sistemas. O contrabandista Dorado Baúlde sucedeu a Manuel Cruz como administrador único desta empresa en 2002. Segundo informou El País, un dos apoderados da empresa foi Juan Juncal Rodríguez, ex-alcalde de Ferrol e ex-senador polo PP.  Ao igual que Feijóo, Juncal é un ‘fillo político’ de Romay Beccaría e comparte co presidente da Xunta amizade hai moitos anos.
Enlace o artigo:

GC :: Os negocios con narcos e políticos do «compañeiro de traballo» de Feijóo.