A churrascada da comisión de festas de Pantín

A noite do sábado 7 celebrouse na pista poilideportiva a churrascada organizada po la comisión de festas de Pantín coa inteción de recaudar algún cartiño para poder facer as festas do Patrón por todo o alto; xa falaban, despois de contar os cartos, que ai posibilidades de traer como estrela das mesmas á Pantoxa e, si sobra algún carto, incluso ó «Cachuli» se lle dan permiso na cadea. Ademáis dos cartos, que sempre veñen ben, tamén tratabase de que a xente pasara un bon rato… e a bo fe que o conseguiron. Alí estivemos en boa armonía tanto os do «lado daló» comos os de acó, os de Marnela ou os do Ariño, e incluso algún de Valdoviño ou Ferrol (o qué non séi é cómo pasaron o fialato sen pasaporte…). Ben… unha vez escrita a chorrada esta vos poño unhas fotos da carallada (algunha está algo borrosa, por non utilizar o «flás» e outras por culpa da auga forte ca que fabrican as cocacolas ultimamente, e que producen que o ollo do retrateiro se distorsione un pouco).